ConcellosÚltima hora

Excarcerada unha persoa tras sufrir un accidente na OU-533, ao seu paso polo Bolo

 

Pasadas as 6:30h. desta mañá producíase un accidente de tráfico na estrada OU-533 (A Rúa-A Gudiña), ao seu paso polo municipio do Bolo. Un vehículo, cun único ocupante, saíase da vía na coñecida como curva de Chandoiro. O coche quedaba envorcado e o condutor atrapado no seu interior no punto quilométrico 42, en Lentellais.

Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato o GES da Veiga, Protección Civil do Bolo, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os bombeiros do parque comarcal.

 

 

Unha vez no punto, os bombeiros confirmaron a excarceración do ferido e o seu traslado en ambulancia polos profesionais sanitarios.

A persoa ferida era traslada ao Hospital Comarcal de Valdeorras.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button