EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaVídeos

Excelente colleita de arandos de Vilaberries, explotación ecolóxica con sede en Vilariño de Conso

A súa plantación, cunha extensión de 6 hectáreas das variedades Orzak Blue e Liberty, está situada en Vilanova (A Veiga)

 

Aínda quedan un par de semanas para rematar a campaña de arandos, pero o groso da colleita de Vilaberries xa está recollido. Esta explotación, con sede en Vilariño de Conso, conta cunha plantación en ecolóxico de 6 hectáreas situada en Vilanova (A Veiga), en alta montaña. Este é o terceiro ano da plantación e a valoración da colleita non pode ser máis favorable, tal e como explican os seus responsables. Traballan con dúas variedades de arando: a Orzak Blue e a Liberty.

 

 

“As plantas aínda están comezando a producir este ano, pero están indo ben, temos unha gran colleita, grande en cantidade e ademais coas plantas moi ben polinizadas. Estamos con abellas na plantación e iso noutóuselle moito na polinización das plantas, melloraron notablemente e iso levou a que tiveramos moita froita e ademais grande. Estamos moi contentos e satisfeitos, merece a pena, aínda que tamén é certo que nos vemos moi limitados porque non atopamos man de obra, por agora, para a recollida”, explica Breixo Paz, dende Vilaberries.

 

 

Esta colleita veu ademais adiantada. “Ten como 15 días de antelación. Estamos a metade de agosto e isto tiña que ser cara finais de mes”, enganden dende esta explotación de arandos. Tamén lle está indo moi ben nas vendas, “canto máis froita houbera, máis se vendería”, comenta. Tras a recollida, fan unha selección do produto, que se destina á venda en fresco a través dunha comercializada galega que traballa con produción ecolóxica e de calidade.

Coa outra parte da produción, Vilaberries está a traballar en diversas formas de transformación, nun proceso polo de agora experimental de cara a valorar as posibilidades existentes.

Fotos e vídeos cedidos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button