Galerías de fotosÚltima hora

Excursión a Sanxenxo e Combarro, organizada polo CIM de Trives

Ás nove da mañá do 24 de xuño partía dende Trives o autobús da excursión que organizaba o Centro de Información á Muller (CIM) deste municipio a Sanxenxo e Combarro. Nel viaxaba un grupo 25 de mulleres trivesas que visitaban pola mañá Sanxenxo e Combarro. Percorrían o casco antigo destas localidades e tamén se achegaban á praia. A última hora da tarde, regresaban á vila trivesa.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button