PolíticaÚltima hora

A executiva nacional do BNG aproba o novo reparto de funcións

Muda o esquema de áreas e secretarías polo de coordinacións, creándose catro novos apartados
A nova executiva nacional do BNG.

Varias son as novidades que presenta o esquema de áreas da nova executiva nacional do BNG, cuxo reparto de funcións dos 19 integrantes elixidos directamente pola militancia na asemblea nacional, era aprobado por unanimidade o 3 de abril, asumindo o reto de “cumprir o mandato das bases e reforzar o proxecto nacionalista para darlle unha alternativa de futuro a maioría social do país”.

Mudando o esquema de áreas e secretarías polo de coordinacións, entre as novidades figuran a Coordinación xeral da Executiva nacional e a Coordinación de Iniciativa Políticas locais, tendo en conta que o primeiro reto coas urnas serán as eleccións municipais. “O BNG demostra que cando goberna ten unha alternativa transformadora en beneficio da maioría”, salientou a portavoz nacional, Ana Pontón, quen valorou esta coordinación como unha maneira de poñer en valor “unha maneira de facer política local que funciona, un modelo nacionalista que é beneficioso para as maiorías socias, un proxector para modernizar e facer avanzar ao país”.

Créanse ademais a Coordinación da Estratexia Galiza Avanza, folla de ruta do BNG para o período 2017-2020 e un dos acordos básicos da última asemblea, coa finalidade de “reforzar o proxecto político e organizativo do Bloque de cara a seguir a senda de recuperación social e electoral”; e a Coordinación de Participación e Movementos sociais, co obxectivo de “afondar no asemblearismo, na transparencia e na relación cos momentos sociais e ser interlocutor con esa Galiza viva, reivindicativa e inconformista”.

Dentro desta nova estrutura, a ourensá Noa Presas será a coordinadora de Acción Feminista.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button