ConcellosÚltima hora

Exhibición de Agility na Rúa

Está prevista para o 27 de setembro ás seis e media no antigo campo de fútbol do Aguillón
Cartaz da exhibición.
Cartaz da exhibición.

O Agility é unha modalidade competitiva na que un guía dirixe a un can por unha serie de probas e obstáculos que debe superar competiendo contrarreloxio. Non é habitual ver probas deste tipo na provincia, de aí o interese da cita que está prevista para o 27 de setembro na Rúa. Non será unha competición, senón unha exhibición promovida polo Club Rúa Agility en colaboración co Concello da Rúa e con Arion.

Esta iniciativa, co que se pretende dar a coñecer o Agility, comezará a partires das seis e media da tarde no antigo campo de fútbol do Aguillón.

Artigos relacionados

Back to top button