Tras un ano sen practicamente actividade había ganas de campamento, polo que no CD Barco eran conscientes de que sería alta a participación no Campus de Fútbol 2021 que celebrarán neste mes de xullo, sobre todo porque a primeira semana é gratuíta. Pero nunca se imaxinaron que o éxito sería tan rotundo.
A tres días para que comece, dende a organización adiantan que son uns 200 cativos os que se inscribiron nesta edición do campamento, distribuídos nas tres semanas: do 5 ao 9, do 12 ao 16 e do 19 ao 23.
Desenvolverase no campo de fútbol de Viloira en horario de mañá, de 10 a 13:30 horas, para nenos de 4 a 16 anos e desenvolveras en grupos reducidos, seguindo os protocolos Covid.