DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Éxito de participación na xuntanza moteira da Pobra de Trives

A 12+1 concentración mototurística Os Esquíos 2016 contou cuns 350 inscritos

De “éxito” en canto a participación e desenvolvemento, califican dende a organización a 12+1 concentración mototurística Os Esquíos celebrada entre o 8 e o 10 de xullo na Pobra de Trives, cun novo récord de asistencia. Uns 350 inscritos de 38 moto clubs de diferentes partes de España, “o máis afastado desprazouse dende Tarragona”, puntualizan dende Trives, unha localidade abarrotada de moteiros e moteiras toda a fin de semana.

“O ambiente foi espectacular, moi familiar, todo o mundo quedou encantado e non houbo incidencias negativas”, aseguran dende o moto club Os Esquíos de Trives, que agradece tanto aos moto clubs como ás persoas que se achegaron ata alí “a súa asistencia e participación”, emprázandoos para a vindeira edición, a número 14, o vindeiro ano.

A programación da xuntanza incluía xantar, espectaculares rutas de interior con pinchos en abundancia (destacando o tradicional porco ao espeto), animacións, música, entrega de premios e agasallos, unha ruta de bengalas en homenaxe aos compañeiros caídos nas estradas, e as exhibicións acrobáticas de Paulo Martinho que este ano presentou como novidade un espectáculo con Ferrari.

Fotos: cedidas /Carlos G. Hervella.

Máis fotos sobre o espectáculo, no seguinte enlace:
https://osil.info/acrobacias-de-paulo-martinho-engaiolan-ao-publico-de-trives/

Artigos relacionados

Back to top button