Entre aplausos remataba a cata de godellos da Denominación de Orixe Valdeorras que tiña lugar o 26 de febreiro en Londres no marco da na feira Wines from Spain Fair. Esta iniciativa era promovida dende o Concello do Barco, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeoras e o Eixo Interior en colaboración co ICEX.
Tiña como escenario o recinto de Tobacco Docks e nela participaban uns 54 profesionais. A cata estivo dirixida por Sarah Jane Evans, presidenta do Instituto Masters of Wine e considerada unha das principais autoridades do mundo do viño e unha gran especialista do viño español.
No seu decurso valorábanse dez godellos: Alento 2012 e Dona Delfina Godello (Roandi), 200 Cestos Godello 2013 (A Coroa), Viña Abad 2014 e Aurensis 2012 (Cooperativa Jesús Nazareno), Joaquín Rebolledo 2014, Via Nova 2013 e Pagos de Galir (Virxe de Galir), Avanthia 2013, Godeval cepas vellas 2013, As Sortes Val do Bibei 2013 (Rafael Palacios) e Bioca 2014 (B. María Teresa Núñez Vega). Na cata estivo tamén presente o alcalde do Barco, Alfredo García.