DeportesÚltima hora

Éxito dos ourensáns no campionato galego de orientación en idade escolar

Os deportistas da provincia de Ourense lograban 5 dos 12 trofeos en xogo
Os participantes ourensáns cos trofeos.
Os participantes ourensáns cos trofeos.

O 6 de xuño celebrábase no Campus da Universidade de Vigo, o campionato galego de orientación en idade escolar no que os participantes ourensáns lograban 5 dos 12 trofeos en xogo.

En infantil feminino, o podio era integramente ourensán: Alba Osorio do colexio Divina Pastora de Ourense lograba o primeiro premio; Milagros Aller do colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras o segundo; e Beatriz Abundancia do Divina Pastora de Ourense lograba o terceiro.

En cadete feminino, Irene Morales da A. D. Limiactiva acadaba o terceiro posto, mentres que Esteban Pacios do colegio Pablo VI-Fátima da Rúa facíase co primeiro posto en cadete masculino.

Dende a Federación Galega de Orientación “queremos agradecer a participación dos alumnos así como o bo comportamento que tiveron durante esta actividade e tamén felicitalos polo excelente comportamento deportivo en toda a proba”.

Artigos relacionados

Back to top button