EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Éxito na vixésimo cuarta edición da Feira da Rosca de Sober

Tivo lugar durante esta xornada de luns doce de agosto, comezando ás 10:00 horas

 

Degustación da rosca con queixo.

 

A XXIV Feira da Rosca de Sober tivo lugar durante esta xornada de 12 de agosto. Inaugurábase ás 10:00 horas co disparo das bombas, e ás 10:15 horas abríanse os stands. A continuación, tiña lugar unha demostración en vivo de artesanía e dun ferreiro.

A tradicional degustación gratuíta de 2 000 racións de rosca con queixo, ás 13:00 horas, daba paso á actuación do grupo de música tradicional, Airiños de Orbazai.

Así, tamén tivo lugar durante onte e hoxe, a III Túnel do Viño Amandi, organizado polo Concello de Sober e Vinosacra.es e cun prezo de 5 euros. Nel participaron máis de 30 adegas da subzona de Amandi e Sober.

Artigos relacionados

Back to top button