CulturaCulturaÚltima hora

Exitosa actuación de Pesdelán en Parada de Sil este sábado, 22 de agosto

A actividade tivo lugar na Praza de O Curtiñeiro, ás 19:00h

 

A localidade ourensá de Parada de Sil acolleu este sábado, 22 de agosto, a actuación do grupo Pesdelán. A actividade tivo lugar ás 19:00h na Praza de O Curtiñeiro e contou con música en directo, bailes e xogos dirixidos ao público. Para cumprir con todas as medidas hixiénico-sanitarias derivadas da pandemia do coronavirus, o aforo estivo limitado, o uso de mascarilla era obrigatorio e gardábanse as distancias de seguridade. Os asistentes tamén contaban con xel hidroalcólico á súa disposición.

Pesdelán é un grupo formado en 2008 por músicos, bailaríns e profesores de coñecidas formacións musicais de Galicia e Potugal. Nos seus espectáculos buscan recuperar o espírito participativo das festas, integrando a todas as persoas sen importar a súa idade ou condición física. O espectáculo durou, aproximadamente, unha hora.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button