En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Exitosa carreira en beneficio das protectoras de animais do Barco

Unhas 500 persoas participaban na proba organizada polos alumnos do CEIP Condesa de Fenosa

Inmersos no proxecto PITEAS, os alumnos de 4º e 5º de Primaria do CEIP Plurilígüe Condesa de Fenosa puxeron todo o seu empeño en axudar ás protectoras de animais do Barco de Valdeorras como Peludines Callejeros ou Patrulla Felina e vaia se o conseguían.

En torno ás 500 persoas participaban na tarde do 26 de abril na carreira/ andaina “Pelo, Pico, Escamas” organizada polos cativos do centro barquense para recadar produtos para animais (especialmente para perros e gatos). Alimentos, medicinas ou xoguetes era o que tiñan que aportar os participantes ao inscribirse, e a resposta foi máis que positiva, superando as expectativas dos propios rapaces que se amosaban moi contentos co resultado do seu traballo.

A carreira comezaba pasada as oito da tarde e percorría parte do malecón barquense, subindo pola praza Andrés de Prada e baixando pola rúa da Estación ata o Malecón ata regresar ao colexio. Tal como suxerían os organizadores, algúns dos participantes correron coas súas mascotas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button