En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Exitosa cata de viños das I Xornadas de Valdeorras na Coruña

Unhas corenta persoas, o dobre das inicialmente previstas, asistían a este acto, dirixido polo sumiller Alejandro Paadín e que se desenvolvía na Taberna o Secreto

No marco das I Xornadas de Valdeorras na Coruña, na tarde do 15 de maio celebrábase unha de viños desta denominación de orixe na Taberna O Secreto. Aínda que estaba pensada para un grupo mais reducido de xente, tal como é indicado para este tipo de eventos, ante a demanda e expectación creadas, a organización decidíu ampliar o aforo chegando a superar en máis do dobre das previstas con unas cuarenta persoas.

Tamén se “rachóu o guion” das previsiós no número de viños, pasando dos cinco seleccionados a sete, e ofertando moi distintas variedades dos distintos tipos de uva que se colleitan na D.O. Valdeorras que os asistentes poideron catar, e que foron finalmente:

– Avancia “Cuvé de O Rosé”, rosado de mencía.
– Godello das Adegas “D´Berna”
– Godello “Avancia Godello”
– Sousón de Roandi “Domus”.
– Garnacha tintureira de Lagar do Cigur
– Garnacha tinturiea Escada Lembranzas de Alán de Val
– Mencía Avancia Mencía

A cata foi dirixida de forma maxistral por Alejandro Paadín – fillo de Luis Paadín e ausente por convalecencia – e os detalles técnicos foron aportados por Nacho Álvarez nos viños da súa creación.

Ao final, tras un brinde máis por Valdeorras, a Taberna O Secreto sorprendeu os asistentes cuns pinchos exquisitos que foron moi de agradecer.

A satisfación da xente foi xeneral, que saíu con sensacións entremesturadas de sorpresa e satisfacción, éxito que xa se vén notando nesta icónica Taberna – que é todo un referente nos viños na Coruña – que co incremento da presencia dos viños de Valdeorras multipilcóu as ventas da nosa D.O.

Texto e fotos: José Ángel Rodríguez Delgado.

Artigos relacionados

Back to top button