ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

Exitosa celebración da Feira de Abril no Casino do Barco

 

Con moita animación, música ambiente e tapas e bebidas típicas se celebraba na tarde deste sábado 7 de maio a Feira de Abril no Casino do Barco. Unha celebración recuperada neste 2022 pola nola actual directiva da Asociación Casino de O Barco que tiña moi boa acollida.

 

 

 

Así, en torno ás 80 persoas (moitos adultos pero tamén cativos), algunhas vestidas de andaluzas para a ocasión, asistían á festa na que se degustaban viandas e bebidas típicas desta celebración como langostinos ou xamón así como Mojitos e por suposto o tradicional viño Manzanilla.

 

 

 

A feira comezaba en torno ás 20 horas e estivo amenizada por un dj.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button