CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Exitosa e divertida estrea de “Mortos da risa” en Trives

Esta obra, dirixida por Ana García Earley e interpretada por 17  membros do grupo de teatro da A.C. A Caniceira, estreábase ante un numeroso público na tarde do 11 de maio

Cheo total na tarde do 11 de maio no Auditorio Julio Vázquez de Trives. Máis de 200 persoas acudían para ver a estrea de “Mortos da risa” do grupo de teatro da Asociación Cultural A Caniceira desta vila.

Sobre o escenario un grupo de 17 actores e actrices, baixo a dirección de Ana García Earley, despregaba sobre o escenario a partires das oito unha “traxicomedia funeraria en sete actos”, cos que o público non deixaba de rir.

A obra comezaba con “Os 3 golpes”, interpretado por Elida Núñez, Julia Fariñas e Mónica Álvarez; logo viña “Dead line” (Maite Villarino e Miguel Galindo), “Saída Nula” (Lola Paz e Geli González), “Interrogatorio” (Chus Vázquez e Reme Martínez), “Florilexio” (Reme Basalo e Tati Peña), “Champán” (Marisol Vasallo e Julia Fernández), “Oración funesta” (Toña Álvarez e Carlos Alfaya) e “Consulta” (Olga Gómez e Raúl Martínez) e, finalmente, “Morte” (Mónica Álvarez).

“Non todo se explica, non todo ten sentido, non todo ten resposta, non todo é lóxico… pero rirse dun mesmo é fundamental”, dicían os membros deste grupo, que remataban satisfeitos unha exitosa función que divertiu, e moito, ao numeroso público asisente á estrea.

Esta iniciativa foi promovida dende a A.C. A Caniceira coa colaboración do Concello de Trives e da Funeraria Nuestra Señora de los Dolores.

Fotos: A.C. A Caniceira

Artigos relacionados

Back to top button