ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

Exitosa exhibición de ximnasia rítmica, ballet e zumba das Escolas Municipais do Barco

 

A previsión de chuvia obrigaba a cambiar o escenario inicial (a praza Maior) polo pavillón municipal, pero iso non impediu que a Escolas Deportivas Municipais do Barco de ximnasia rítmica, ballet e zumba se clausurasen por todo o alto.

Así, a festa de fin de curso tiña lugar na tarde deste venres 3 de xuño, cunha animada exhibición por parte das alumnas que arrancaba sonoros aplausos entre o numeroso público que seguía o acto expectante.

 

 

Despois de dous anos sen poder celebrar esta clausura, eran moitas as ganas que había e iso notouse nas pequenas que demostraron con gracia, o aprendido ao longo do curso, guiadas polas monitoras: Rocío (ximnasia e ballet), Anabela e Yanaina (zumba).

As primeiras en actuar eran as alumnas da escola de ximnasia rítmica, as pequenas e despois as maiores, para continuar coas de ballet (as máis pequeniñas de todo). Despois era o turno das de zumba, primeiro as nenas e despois as adultas, pechando o acto a xa tradicional master class para todas as que se animaron.

 

 

Como agasallo, as nenas recibiron medallas de galleta e piruletas.

 

 

 

 

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button