ConcellosÚltima hora

Exitosa II Feira do Outono en Cerdeira (San Xoán de Río)

Unhas 150 persoas desfrutaban dunha xornada cultural, festiva e gastronómica nesta localidade

 

Superábanse as expectativas e unha semana antes a II Festa de Outono de Cedeira esgotaba as súas entradas. Esta cita desenvolvíase con éxito ao longo deste sábado 12 de outubro nesta localidade do concello de San Xoán de Río.

O programa encetábase a partires das 14h. cun xantar popular cuxa entrada tiña un custe de 15 euros para os adultos e de 5 para os nenos (menú infantil). O menú incluía empanada, carne ao caldeiro, viño, bica, café e licores.

Coa sobremesa chegaba un dos momentos máis esperados, xa que con Xurxo Souto (líder dos Diplomáticos de Monte Alto) ao mando, podía desfrutarse das actuacións de artistas como Pinto D’Herbón, Xairo D’Herbón, Ari de Cerdeira, Miguel Veluso, Marinha Maseda, Manolo Maseda, Uxía Cribeiro, Vítor Mordecán, Sofía de Labañou, David do Outeiro, Sofía Garota…

Esta celebración estivo organizada pola Asociación Cultural Santa María Madalena de Cerdeira e colaboran RíoMola e o Concello de San Xoán de Río.

Fotos: Xosé Miguel Pérez.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close