EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

Exitosa participación dos viños de Monterrei en Alimentaria

Máis de 5.000 persoas se achegaron ata o Túnel do Viño de Galicia, no que estaba presente esta D.O. xunto coas outras catro galegas: Valdeorras, Ribeiro, Ribeira Sacra e Rías Baixas

Entre as denominacións de orixe galegas presentes na útima edición da Feira Alimentaria, que se celebraba do 16 ao 19 de abril en Barcelona, estaba a D.O. Monterrei. Participaba no Túnel do Viño de Galicia en Intervín e realizaba unha presentación e cata de viños da denominación no espazo do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA).

Durante cuatro días máis de 5.000 persoas visitaban o Túnel do Viño de Galicia conformado polas cinco denominacións de viño da comunidadese a de augardentes e licores tradicionais. Ademais de recibir información sobre a denominación e os viños, os participantes no túnel puideron degustar brancos e tintos das seguintes adegas da D.O. Monterrei: Adega Trasdovento S.L., Bodega Pazo de Valdeconde S.L., Bodegas Alba Al-Bar S.L (Daniel Fernández), Boo Rivero S.A.T., Concepción Paradela Martínez, Crego e Monaguillo S.L., Gargalo S.L., José Antonio Da Silva Pereira, Manuel Guerra Justo, Pazo Blanco Núñez S.L. e Terras do Cigarrón S.C.G.

Tamén estivo presente no túnel a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén Do Campo.

 

Por outra banda, ademais de esgotar a existencia de viños expostos no Túnel, o espazo institucional do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA) acolleu unha presentación e cata da D.O. Monterrei que tivo numerosos espectadores. Monterrei foi unha das cinco denominacións vitivinícolas españolas en formar parte desta iniciativa promocional, impulsada polo MAPAMA para DOP’s e IGP’s.

“Esta última edición de Alimentaria converteuse nun éxito de asistentes, xa que máis de 5.000 persoas se achegaron ata o Túnel do Viño de Galicia, do que tamén formaba parte a nosa denominación, así que estamos altamente satisfeitos pola nosa participación nesta feira que incide no sector profesional”, recoñece a presidenta, Lara Da Silva, “e aproveito para agradecer tanto ás adegas de Monterrei como á Consellería de Medio Rural o seu apoio indiscutible, sen o cal non sería posible a nosa participación nesta feira”.

 

Fotos: D.O. Monterrei.

Artigos relacionados

Back to top button