DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Exitosa V Carreira de San Bartoliño en Trives

Un cento de participantes sumábanse a esta edición na tarde do 24 de agosto

O entorno da Praza de Abastos de Trives convertíase na tarde do 24 de agosto nun circuíto de atletismo. Un cento de nenos e nenas de diferentes idades participaban na quinta edición da Carreira de San Bartoliño, que se iniciaba ás 19h. Dende unha hora antes os participantes íanse achegando á zona para realizar as súas inscricións.

“Cada ano son máis os inscritos e este ano chegouse ao cento de corredores distribuídos en cinco categorías, que dependendo da idade percorrerían diferentes distancias”, tal e como se informa dende o Concello de Trives.
A categoría con maior participación foi a de idade comprendida entre 5 e 7 anos, na que tomaban a saída un total de 36 cativos.

Ademais de rapaces, nesta edición tamén se animaban a correr varios pais dos nenos participantes. Facíano na categoría de 14 anos en adiante. Nesta proba, que ten un carácter non competitivo, a alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez, íanlle entregando as medallas a todos os participantes ao cruzar a liña de meta.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button