EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Exitosa V Ruta de Pinchos da Veiga, que se iniciaba nas Chairas

Esta celebración gastronómica, que se desenvolvía na tarde e noite do 12 de agosto, reunía a unhas 400 persoas, segundo a organización

Ao ritmo da animada Charanga Fuego arrancaba a partires das oito da tarde deste luns 12 de agosto nas Chairas a V Ruta de Pinchos de Veiga. Este percorrido festivo e gastronómico incluía, cartón en man, un circuíto por media ducia de establecementos de hostalaría veigueses para degustar diferentes pinchos (chourizo, callos, ameixas…), acompañado de bebidas como auga cervexa ou viño. Ese cartón ou entrada tiña un prezo de 15 euros.

Así dende As Chairas unhas 400 persoas, segundo datos da organización, comezaban esta ruta, que pasaba despois polo Río Xares, Yáñez, Layla e Trevinca, para finalizar xa desfrutando nunha copa á beira da praia fluvial do Coiñedo no Retiro.

A partires das 23:30h. o baile e  diversión estaba asegurada da man de Zorrollos Band e, a partires da unha da madrugada A Gramola porá música á fin de festa no Retiro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button