Exitosa xornada de actividades multiaventura en Trives

Dende nenos de catro anos ata adultos escalando en pleno centro da vila trivesa. A xornada de actividades multiaventura que organizaba o 21 de xullo o Club Montaña Trives resultaba todo un éxito. Numerosas persoas participaban nas diversas propostas multiaventura pensadas para todas as idades que se desenvolvían en horario de mañá e tarde.

Entre elas había rocódromo, tirolina, laberinto infantil, taller infantil de pintura facial… E todo isto de balde. A boa acollida da iniciativa fai que dende a organización se valore darlle continuidade máis adiante.

Fotos: Club Montaña Trives.

 

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies