ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Exitosa xornada de recollida de lixo na beira do río Sil ao seu paso polo Barco

Con esta iniciativa conseguían recoller 140kg de residuos, entre os que 1,9kg eran de PET que será reintegrado na cadea de valor de Coca-Cola como parte da súa folla de ruta cara a economía circular

 

Quilos de ferros e outros metais, todo tipo de plásticos, o chasis dunha bicicleta e ata un váter. Son algúns dos residuos que se recollían na xornada de limpeza organizada por Coca-Cola España en colaboración coa Confederación Hidrográfica MIño-Sil e o Concello do Barco.

A actividade, na que participaron unhas 25 persoas, comezaba en torno ás dez e media da mañá deste venres 26 de novembro no parque do Campiño, en Viloira cunha pequena charla de sensibilización a cargo da Asociación Chelonia. De seguido e trala entrega de material para limpeza (luvas,bolsas, gorra,…) comezaba a recollida de residuos pola marxe do río. “A simple vista parecía que non había moito lixo porque estaba cuberta pola vexetación, pero unha vez empezamos a recoller foi saíndo unha boa cantidade”, asegura María Troncoso, xestora de Coca-Cola de Coca-Cola Europacific Partners Iberia.

 

Os voluntarios cos residuos recollidos no Barco./ Foto cedida.

 

Ela mesma asegura que a resposta da poboación foi moi positiva, sobre todo tendo en conta que a petición de colaboración era para unha xornda laboral e entre os voluntarios había persoal do Concello do Barco como a concelleira de Medio Ambiente Diana Urdangaray e de Limpeza, Alicia Álvarez. Tamén estaba a alcaldesa de Petín, Raquel Bautista e representantes de Gaseosas Rocas, distribuidor de Coca Cola na zona, así como xente da organización, entre outros.

A xornada remataba en torno ás 13 horas no mesmo Campiño, onde os asistentes compartiron  un momento de encontro con  picnic (entregado en bolsa Coca-Cola feita cos botellas recollidas na edición anterior), pesaxe e segregación de residuos para posterior reciclaxe. “Separamos especificamente as botellas de refresco e con elas elaboraremos o material que entregaremos en futuras actuacións”, asegura María Troncoso. En total, na xornada de hoxe conseguían recoller recoger un total de 140 kg de residuos, entre os que 1,9kg eran de PET “que será reintegrado na cadea de valor de Coca-Cola como parte da súa folla de ruta cara a economía circular”, puntualiza María Troncoso, adiantando que volverán de cara á vindeira primavera e en fin de semana “unha época máis axeitada para que a xente poida acudir”.

 

 

 

A actividade celebrada hoxe no Barco forma parte do programa “Mares Circulares” lanzado en 2018 cun triple obxectivo: limpar costas, espazos protexidos e fondos mariños de España e Portugal, fomentar a reciclaxe e impulsar a economía circular.

Tal como explican dende a organización, dende entón lévanse realizado máis de 200 intervencións de limpeza en praias e contornas acuáticas, integrando a máis de 1.000 entidades colaboradoras (Concellos, escolas, organizacións privadas, clubs marítimos, etc.) e, contado coa axuda de 18.000 voluntarios, conseguiron recoller 1.411 toneladas de residuos en España e Portugal, “formado e sensibilizado a máis de 61.000 persoas”, entre outras acccións.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella /Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button