CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Exitosa XV Mostra de Corais de Viana do Bolo

 

Con moita ilusión e ganas o Orfeón Vianés reencontrábase co público tras o obrigado parón da pandemia do Covid. E facíao ademais dun xeito moi especial: organizando a XV Mostra de Corais de Viana do Bolo. Este evento cultural tiña lugar neste sábado a partir das 19 horas na Casa da Cultura da vila, arroupado por numeroso público.

Este acto, presentado por integrantes do Orfeón Vianés, reunía a un total de tres formacións corais, cada unha das cales interpretaba tres temas. A primeira en subirse ao escenario era a Coral de Piloño que cantaba a habanera “Fúchete un día”, “Os teus ollos”, “Alma corazón y vida” e “Tango para 4 o para 24”.

 

Pilar Pérez, presidenta do Orfeón Vianés, intervindo no acto./ Foto: Ares Pérez.

 

Deseguido, soaban as voces da Capilla de la Divina Comedia, con presenza valdeorresa, nas pezas “Foliada de olas”, “Caminito”, “Un beso y una flor” e “Catro vellos mariñeiros”. Finalmente actuaba o Orfeón Vianés, que pechaba o acto cos temas “Negra sombra”, “Las espigadoras”, “Viento del norte”, “Va pensiero”, neste último caso acompañado ao piano por José Ramón Mansilla, director da Capilla de la Divina Comedia.

A mostra finalizaba, entre aplausos, coa entrega de agasallos aos participantes. Este encontro estaba organizado polo Orfeón Vianés coa colaboración do Concello de Viana do Bolo.

Fotos: Ares Pérez/ O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button