Galerías de fotosSociedadeÚltima hora

Exitoso I Descenso Popular do Sil nas Festas do Cristo do Barco

Moi animada e colorida foi a baixada en embarcacións de recreo na tarde do 14 de setembro

 

Na tarde do 14 de setembro, Día do Cristo, os protagonistas do río eran os piraguistas que participaban na 53 edición do Descenso do Sil, proba de carácter internacional que contou con centos de padexeiros. Pero unhas horas antes, en torno ás 16h. moitos afeccionados e amantes do río e da festa participaban no descenso popular en lanchas de recreo de ViaNova Aventura, entre Sobradelo e O Barco de Valdeorras.

Saída do I Descenso Popular do Sil dende Sobradelo.

 

Unha proba turística na que primaba a diversión, por iso moitos dos participantes ían disfrazados. Ademais, dende o Concello do Barco e por primeira vez, entregaban trofeos (ao tripulante máis xove masculino e feminino; ao mellor disfraz individual e colectivo; ao mellor equipo en lancha; e á familia máis numerosa). O acto tiña lugar xusto despois da entrega oficial do Descenso e entre os ganadores estaban “Os Viquingos”.

Na galería de imaxes podemos ver algúns dos momentos desta primeira edición da baixada.

Fotos cedidas por ViaNova Aventura.

Artigos relacionados

Back to top button