En portadaÚltima hora

Expectación ante o pleno da moción de censura en Viana

A sesión terá lugar ás 12:00 h. desta mañá de 1 de setembro, e a estas horas xa non hai sitio na Casa da Cultura

 

Viana do Bolo está a vivir unha mañá de 1 de setembro na que os edís non adscritos (antes do PSdeG-PSOE), Abelardo Carballo e Santiago Barja, van defender nun pleno ás 12:00 horas, xunto aos catro concelleiros do PP vianés, unha moción de censura contra o actual alcalde, Secundino Fernández, do BNG e que gobernaba en minoría con 4 concelleiros.

A estas horas xa hai moita expectación na Casa da Cultura, onde se celebrará o pleno debido á Covid-19, xa que dende as 10 da mañá foi chegando xente para coller sitio, ata o punto de estar cheo a media hora de que comece (contando coas medidas de seguridade de distancia social).

 

 

Están presentes tamén as forzas de seguridade, coa Garda Civil fóra e a Policía Local dentro do edificio para velar pola seguridade. Así, no exterior e dentro da Casa da Cultura pódense observar carteis e pancartas en apoio ao alcalde, Secundino Fernández.

Ampliarase información.

Artigos relacionados

Back to top button