EconomíaEconomíaÚltima hora

Expertos en normativa europea de pensións asesoran a traballadores e pensionistas ourensáns

Os pensionistas recibiron información de expertos alemáns e suízos.

O Subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e a Directora Provincial do INSS, Tania Lamas, inauguraron hoxe, 11 de maio, as XII Xornadas Informativas Internacionais, nas que durante dous días, técnicos de países europeos asesorarán sobre materia de prensións a traballadores ou pensionistas.

Expertos da Seguridade Social española e dos organismos das pensións alemán (Deuthschen Rentenversicherung) e o suízo (Schweizerische Ausgleichskasse) organizarán conxuntamente, ao longo do 2017, quince xornadas informativas internacionais sobre Seguridade Social, trece delas en España, unha en Suíza e outra en Alemaña. O que pretenden con estas actividades é facilitar unha información gratuíta e personalizada, a traballadores ou pensionistas, residentes na provincia, que traballaron nestes dous países, ou en ambos os dous. Isto supón un medio para perfeccionar dereitos a futuras prestacións en aplicación da normativa europea de coordinación de materia de seguridade social.

Roberto Castro e Tania Lamas inauguraron estas xornadas.

Os tres eixos fundamentais que abordarán son os períodos de cotización acreditados neses países, requisitos esixidos para as futuras pensións (idade, anos de cotización, etc), e a contía da pensión de xubilación.

O asesoramento sobre a lexislación internacional dirixirase a aquelas persoas que solicitaron “cita previa” para acudir ás xornadas, con información especializada sobre futuros dereitos a pensión, o que permite a preparación de futuros expedientes a xestionar polos organismos internacionais.

Nas edicións anteriores, estas xornadas informativas desenvolvéronse cunha alta participación dos cidadáns, máis de 2.500 atencións presenciais personalizadas, e cun alto grao de satisfacción da información recibida.

Artigos relacionados

Back to top button