A RúaConcellosÚltima hora

Explosión por unha fuga de gas nunha vivenda na Rúa

 

Unha explosión de gas ocorrida esta pasada noite nunha vivenda na Rúa, provocaba danos materiais no inmoble.

O suceso tiña lugar en torno ás 23:15 horas do xoves 6 de xaneiro, no segundo andar dun edificio situado na rúa Benito Fernández, tal como confirmaban os axentes da Garda Civil ao 112 Galicia despois de ser alertados dunha explosión, posiblemente polo gas dunha bombona.

 

 

Así, desde o 112 Galicia informaban do sucedido aos Bombeiros e aos membros do GES Valdeorras, así como aos servizos sanitarios de urxencia por se fose precisa a súa intervención.

Unha vez no lugar, os bombeiros comprobaron as zonas afectadas e rematadas as comprobacións oportunas, informaron ao 112 Galicia que os danos materiais limitáronse a uns cristais e outro elementos, sen que ningunha persoa resultara ferida. Ata o lugar dos feitos tamén se desprazaban membros de Protección Civil da Rúa.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button