CulturaCulturaÚltima hora

Expo Arte 2015 na Sala de Exposicións de Verín

A mostra, de cerámica, pintura e talla en madeira, estará aberta ata o 10 de outubro
Cartaz da exposición.
Cartaz da exposición.

Do 18 de setembro ao 10 de outubro, a Sala de Exposicións de Verín acollerá a mostra Expo Arte 2015, unha selección dos traballos seleccionados polo autores, realizados no pasado curso nas aulas de especialización da Escola de Artes e Oficios de Verín (cerámica, pintura -debuxo, óleo, acrílico e pastel- e talla en madeira).

Estas aulas tratan de cubrir un dobre obxectivo. Por unha banda, o uso creativo do tempo de lecer e capacitación profesional xa que os alumnos poden acceder ao Carné de Artesán despois de catro anos de formación no centro. Por outro lado, as clases na Escola de Artes e Oficios de Verín impártense en horarios que tratan de ser accesibles á demanda dos usuarios e ás posibilidades dos docentes, entre a segunda quincena de setembro e a primeira de xuño.

A exposición pode visitarse de luns a venres, entre as 10:30 e ás 14 horas e das 17 ás 20.30 horas. Os sábados a sala abrirá de 11 a 13:30 horas.

Artigos relacionados

Back to top button