CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A exposición de Chere abre a XXVI Semana do Cine do Barco

O Cine Club Groucho Marx proxectará catorce filmes entre o 21 e o 31 de agosto no Teatro Lauro Olmo

Catro de cine infantil e dez de actualidade. Son as obras cinematográficas que o Cine Club Groucho Marx proxectará na XXVI Semana de Cine do Barco de Valdeorras, que arrancaba na tarde-noite do domingo día 21.

E facíao da man de dous protagonistas. Por unha banda o artista barquense Chere que presenta unha exposición de pintura erótica na entrada do Teatro Lauro Olmo titulada “Cine de Vicio”. E por outra o director Xacio Baño que vén de ser homenaxeado polo cine club ao seu nome a unha das butacas do teatro: asento 1, fila 9. Baño tamén foi o protagonisa da curta “Eco” que se proxectou na inauguración. Un acto que remataba cun concerto de Severiano Casalderrey interpretando ao piano pezas de diferentes filmes. Entre eles Amelie, La lista de Schindler e Las Horas.

“La Novia” de Paula Ortiz, nominada como candidata para optar aos Óscar deste ano, é a primeira cinta do ciclo deste ano e proxéctase esta noite ás 22:45 horas.

Máis información no Especial Festas do Cristo do Periódico O Sil.
Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button