CulturaCulturaÚltima hora

Exposición de óleos en Santa Leonor, Trives

A mostra de pintura de Mari Carmen Chico poderá verse ata o 31 de agosto
Mari Carmen Chico co cartaz da exposición.
Mari Carmen Chico co cartaz da exposición.

A paisaxe galega namorou a Mari Carmen Chico hai xa anos. Os soutos de castiñeiros, os campos, algún que outro bodegón e algunha flor, son a temática sobre a que pinta esta salmantina que un día a comezos dos anos 70 coñeceu o engado da Pobra de Trives, da que xa non se afastaría.

Durante un tempo vivíu dacabalo entre Trives e Valladolid pero dende hai catro anos reside de forma permanente en Mendoia. De aí son moitas das paisaxes que plasma nos seus cadros de estilo expresionista, pintados ao óleo sobre papel ou lenzo pero sempre con espátula. De forma autodidacta Chico pinta dende pequeniña “empezaría con 4 ou 5 anos”, di, explicando que nun tempo tamén tocaba as acuarelas aínda que finalmente decantouse polo óleo con espátula.

Óleos expostos en Santa Leonor, Trives.
Óleos expostos en Santa Leonor, Trives.

Ao longo da súa vida expuxo en diferentes espazos de Valladolid, Salamanca, Santiago de Compostela, O Barco de Valdeorras e A Pobra de Trives en varias ocasións. E precisamente en Trives, na sala de exposicións do Centro de Interpretación Santa Leonor, ten exposta unha escolma da súa obra. Algo máis de vinte lenzos de diferentes tamaños que poderán verse e mercarse ata o 31 de agosto en horario de 11 a 13:30 e de 18 a 20 horas.

Algúns dos lenzos de Mari Carmen Chico.
Algúns dos lenzos de Mari Carmen Chico.
Souto de castiñeiros.
Souto de castiñeiros.
Un xardín.
Un xardín.
Máis paisaxes galegas.
Máis paisaxes galegas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button