OurenseÚltima hora

Exposición de pintura no Ateneo de Ourense

A mostra de Yolanda Pérez Rodríguez poderá visitarse ata o 18 de xullo
Unha das obras de Yolanda Pérez Rodríguez.
Unha das obras de Yolanda Pérez Rodríguez.

O Ateneo de Ourense (organización sen ánimo de lucro) continúa coa súa programación cultural. Hoxe, día 18 de xuño tócalle á pintura e ás 20:30h. inaugúrase na súa sala (Avda. Habana, 25-baixo), a exposición de Yolanda Pérez Rodríguez, coa presentación e comentarios de Carmucha Vázquez Prats e da Presidenta do Ateneo de Ourense.

Tal como avanzan dende o Ateneo, Yolanda Pérez Rodríguez é de Ribadavia, e ten presentado ás súas creacións en varias exposicións (en Ribadavia, Ourense, A Cañiza, Castrelo de Miño, Barcelona, A Coruña, Mosteiro de Melón…) a maior parte delas en colectivas coa Asociación de Pintores do Ribeiro.

A mostra poderá visitarse ata o día 18 de xullo.

Artigos relacionados

Back to top button