CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Exposición de Todos os Santos, no colexio Pablo VI da Rúa

Cada ano coa chegada da festividade de Todos os Santos, os alumnos do Colexio Pablo VI da Rúa preparan unha exposición que durante unha semana permanece aberta no vestíbulo do centro.

O ano pasado centráronse nos santos dos alumnos e nesta ocasión fixérono sobre os santos da comarca de Valdeorras. Co nome de “Holywins” (a santidade vence) a mostra amosa lugares conocidos que levan o nome dalgún santo, datos curiosos sobre eles como igrexas valdeorresas con detalles e ata desuxos, así como a súa ubicación.

Na “Expoholywins” destacan asemade detalles sobre os santos máis próximos aos menos como José Luis Sánchez del Río (14 anos) ou Santa Teresa, incluíndo asemade un curioso recompilatorio dos santos que dan nome a produtos alimentarios (legumes horta San Genaro, pastas Santa Casilda, mel da Granxa San Francisco, arroz San José,…)

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button