CulturaCulturaGalerías de fotosOurenseÚltima hora

Exposición de xóvenes artistas no Barco, comisariada pola valdeorresa Alba Nogueira

Reúne obras duns sete creadores e poderá visitarse ata o 25 de xaneiro no Casino do Barco

Obras plásticas de diferentes formatos e técnicas, pero tamén escultura. “Inner, Expo de Xóvenes Artistas” achega ao Barco unha selección de pezas de sete artistas alumnos de Belas Artes en Pontevedra: Alex Fuertes, Alba Matilla, Guille Coni-Molina, Bárbara Martínez, Luisa Galbán, Constanza Ferrada e Carla Castro.

Esta exposición, que se inauguraba o 2 de xaneiro no segundo andar do Casino do Barco, está comisariada pola valdeorresa Alba Nogueira. Permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 25 de xaneiro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Cartel da exposición.

Artigos relacionados

Back to top button