OurenseÚltima hora

Exposición filatélica en Ourense dedicada ao Camiño de Santiago

A colección de selos e cuños pódese visitar no edificio de Correos da capital ourensá

o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, na exposición. / Foto: cedida.

 

A cidade de Ourense acolle unha exposición filatélica dedicada á importancia da cidade no Camiño de Santiago que inclúe diferentes selos, cuños e sobres conmemorativos relaciondos coa capital ourensá. A colección poderase visitar durante todo o mes de agosto no edificio de Correo, na rúa Progreso. Hoxe, xoves 13 de agosto, a mostra recibiu a visita do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández.

A exposición foi recentemente ampliada, pois nun principio estaba centrada únicamente no Camiño Sanabrés. A día de hoxe o visitante tamén atopará exemplos dedicados ao Camiño Francés, coa variante que pasa pola provincia, o Camiño de Inverno. O presidente da Sociedade Filatélica, Mumismática e Vitolfílica Miño, José Barros, indicou que o obxectivo é continuar ampliando a motra en septembro cos camiños Primitivo, da Costa e Portugués.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close