OurenseÚltima hora

Exposición filatélica San Martiño, no Liceo de Ourense

A Sociedade Filatélica Miño, presenta o 8 de novembro, un selo adicado a Ben-Cho-Shey

FOTO

No marco da XXIV exposición San Martiño, a Sociedade Filatélica, Numismática e Vitólfilica Miño de Ourense, presentará esta fin de semana dous selos: o de San Martiño de Moreiras e o de Ben-Cho-Shey.

Os actos, comezarán mañá 7 de novembro ás 11:30h. na aula do Liceo, coa instalación dunha estafeta temporal de correos en horario de mañá e tarde e ás 12h. está prevista a presentación do selo de Correos adicado á Igrexa de San Martiño de Moreiras, no Concello de O Pereiro de Aguiar (Ourense). O acto contará coa presenza de Eliseo Fernández Gómez, alcalde de O Pereiro, acompañado pola corporación. Pola tarde haberá visitas de escolares e asociacións culturais.

O día seguinte, sábado 8 de novembro, tocaralle o turno ao selo do estudoso da fala dos afiadores o “barallete” que dá nome a asociación cultural nacida coa finalidade de ensalzar e investigar o oficio do afiador, Ben-Cho-Shey. O programa comezará ás 11h. coas visitas de asociacións culturais, e ás 12:30h terá lugar a presentación do selo de Correos adicado a Xosé Ramón Fernández Oxea. Pola tarde haberá un obradoiro de filatelia para nenos.

A exposición abrirase oficialmente o martes 11 de novembro, día de San Martiño, ás 13h. coa recepción de autoridades e entrega da Medalla de Ouro da Miño ao Concello de Ourense e ao Liceo e Diplomas aos xuvenís. Permanecerá aberta ata o 16 de novembro cun xantar de confraternidade, entrega de trofeos e un avance da San Martiño 2015.

Artigos relacionados

Back to top button