CulturaCulturaÚltima hora

Exposición fotográfica en homenaxe ás mulleres loitadoras e valiosas de Trives

Leva por título “Mulleres Trivesas, Mulleres Tigresas” e poderá visitarse ata o 31 de marzo na sala de Santa Leonor

 

Ás 12:30h. do venres 8 de maio está prevista na sala de exposición de Santa Leonor a inauguración da mostra fotográfica “Mulleres Trivesas, Mulleres Tigresas”, en homenaxe ás “mulleres loitadoras, decididas e valiosas”. Este acto enmárcarse dentro do programa de actividades que dende o CIM do Concello da Pobra de Trives se lle dedicarán ás mulleres.

A mostra poderá visitarse ata o 31 de marzo e pretende ser un “símbolo do necesario EMPODERAMENTO DA MULLER” buscando “visibilizar e dar unha merecida homenaxe ás mulleres da comarca de Trives tanto nos seus diversos traballos como nas súas múltiples facetas e roles que desenvolven. É un pequeno recoñecemento á valentía, fortaleza, traballo e posta en valor de todas as nosas mulleres”, indican dende o Concello.

O acto inaugural terá lugar despois da manifestación “Por Unha Igualdade Real” que se levará a cabo ás 12 da mañá polas rúas de Trives. Neste acto tamén estará como convidada Darija Cz interpretando unha danza.
As mulleres asistentes recibirán un agasallo con motivo da celebración do Día da Muller.

Artigos relacionados

Back to top button