CulturaCultura

Exposición fotográfica “Toro, lembranzas dunha aldea” na Biblioteca de Verín

A autora, Beni Rodriguez, presentará o libro de título homónimo este venres ás 20h.
Unha das imaxes da mostra.

Do 7 ao 11 de agosto, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acolle a exposición fotográfica “Toro, lembranzas dunha aldea”, de Beni Rodríguez, título homónimo ao libro que a propia autora, vai presentar e facer a clausura da exposición o día 11 de agosto ás 20h. no propio local.

A exposición recolle un traballo de recompilación fotográfica, que fixo Beni Rodríguez e que máis tarde materializouse no libro que leva o mesmo nome. A propia autora reflicte o agradecemento “a toda a xente que me axudou neste traballo, que me contou historias da súa vida, que compartiu comigo as súas vivencias, que me prestou fotos para poder achegarme a eses tempos pasados. Foron moitos os que me deron datos, os que me falaron dos seus recordos. Por iso este libro é de todos e para todos”.

A exposición estará aberta ao público no mesmo horario que a biblioteca municipal, de luns a venres de 10 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 horas.

Artigos relacionados

Back to top button