SanidadeÚltima hora

Exposición “GRAfeelings” para celebrar a Semana da Diabete na área sanitaria ourensá

Recolle os traballos da mocidade con diabetes nos que expresan os seus sentimentos e emocións por medio do graffiti

 

Uns cincuenta nenos, nenas e mozos da provincia afrontan a súa infancia ou adolescencencia con diabete, un diagnóstico que cambia a súa forma de vida e realidade e muda tamén a das súas familias. Uníndose aos actos de visibilidade e conmemoración da semana da Diabete, a Ágora do Hospital Universitario de Ourense acolle desde hoxe a exposición “GRAfeelings”, que recolle os traballos de mozos e mozas con diabetes nos que expresan os seus sentimentos e emocións por medio do graffiti.

A mostra foi inaugurada esta mañá polo xerente e a directora de enfermería da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Félix Rubial e Beatriz Cabanelas, o xefe do Servizo de Endocrinoloxía, José Antonio Mato, a responsable da Unidade de Endocrinoloxía Pediátrica, Gemma Novoa, así como a responsable de educación diabetolóxica, de adultos, María José Menor, a xefa do Servizo de Atención ao Paciente e Humamnización, Belén Piñeiro; persoal do hospital de día e representantes da Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (Anedia).

GRAfeelings é unha iniciativa centrada en axudar aos mozos con diabetes a expresar os seus sentimentos e emocións. A exposición é o resultado dos talleres de saúde emocional que a Federación Española de Diabetes (FEDE) e Sanofi organizaron en 10 campamentos, coa participación de 200 adolescentes con esta enfermidade e que agora está a percorrer distintos hospitais de todo o país.

O cambio que supón o diagnóstico para a vida das familias e ben coñecido por Gemma Novoa “cae como un xarro de auga fría, pois che acaban de dicir que o teu fillo ou filla ten unha enfermidade crónica, que polo momento non ten cura”, apunta Novoa, responsable da Unidade de Endocrinoloxía Pediátrica e referente pra un bó número de familias ás que a especialista quere enviar unha mensaxe de tranquilidade e serenidade “transmitirlles que co paso do tempo iranse adaptando. Son cambios que custan, de alimentación, de exercicio e en xeral de levar unha vida máis ordenada do que se podía levar antes, hai que velo como unha nova forma de vida”.

Afortunadamente, subliña a pediatra, “temos tratamentos e agora hai grandes avances para facilitar os controis: sensores, bombas de insulina e, no futuro, quen sabe tal vez unha cura para a diabetes” di, destacando o importante finanzamento e esforzos desde institucións científicas, gobernos e laboratorios.

Unha enfermidade de 24/365

As representantes de Anedia en Ourense coinciden na boa relación co Servizo de Padiatría de Ourense e destacan que a diabetes é unha enfermidade silenciosa que non se ve a primeira ollada, “é unha enfermidade de 24 horas os 365 días do ano”, di unha das nais Elisa, “para as familias pasa a ser noso día a día”.

Este ano celébranse os 100 anos do descubrimento da insulina, ou como dí Elisa “Vida”, xa que, lembra, “101 anos antes a xente que tiña diabetes morría, literalmente, por iso esta conmemoración é para nós celebrar a vida”. En concreto o 11 de xaneiro de 2022 cumpriranse cen anos da primeira dose de insulina a un neno de 14 anos. A partir de entón o tratamento refinouse durante unhas semanas e o 23 de xaneiro comezaron a administrarse os tratamentos de insulina para nenos e adultos.

Dos preto de cincuenta familias con nenos e nenas con diabetes, ao redor de 25 estamos en contacto a través da asociación Anedia. Desde o debut da enfermidade e o diagnóstico cada familia ten o seu duelo, e como dí Elisa, hai que pasalo, “ás veces tardas unha semana ou ás veces meses, pero ter o apoio doutros que pasaron polo mesmo é moi importante” para ela “é algo que botei en falta cando cando a miña filla debutou, estar arroupada por alguén que fale a túa mesmo idioma, por así dicilo”.

Artigos relacionados

Back to top button