CulturaCulturaGalerías de fotosMicoloxíaÚltima hora

Exposición micolóxica no colexio Divina Pastora do Barco

Preto de 70 especies de cogomelos poden verse ata o 6 de novembro no centro plurilingüe

Dende as máis coñecidas como a Macrolepiota Procera (choupín), o Boletus (Pinicola, Edulis,…) ou a Amanita (Muscaria, Phalloides, Cidrina,…), ata as máis sorprendentes como o Sacardon Inbricatus ou o Piptoporus Betulinus, algunhas exquisitas e outras venenosas. Así ata preto de setenta cogomelos diferentes poden verse ata o venres días 6 de novembro no colexio plurilingüe Divina Pastora do Barco de Valdeorras.

Ao longo de tres días os alumnos do colexio terán a oportunidade de descubrir algunas das peculiaridades das setas expostas, moitas aportadas polas familias. O experto en micoloxía Manuel Losada, responsable da mostra foi o encargado de clasificalas e colocalas, contanto coa colaboración do profesor de ciencias, Aurelio Prada.

Dende o centro explican que nos nove anos que levan realizando esta exposición (aínda que non consecutivos) pasaron polo centro unhas duascentas especies de cogomelos.

Malia que a exposición está dirixida especialmente ao alumnado, ao que explican como recoñecelas, durante as horas de clase permanece aberta para todo aquel que queira achegarse guiado pola curiosidade por este apaixonante e saboroso pero tamén perigoso mundo dos fungos.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button