OurenseÚltima hora

Exposición “Poeta no outono” no C.C. Ponte Vella

Ourense acollerá a partires do 14 de setembro a mostra en torno a cinco poetas ourensáns
Cartaz da exposición.
Cartaz da exposición.

O Centro Comercial Ponte Vella acollerá o vindeiro luns 14 de setembro a inauguración da exposición “Poeta no outono”. Unha mostra sobre Pura Vázquez, Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor, Antón Tovar e Ángel Valente, cinco poetas ourensáns ao redor dunha folla no outono.

A mostra está organizada pola Fundación Cum Laude en colaboración co Centro Comercial Ponte Vella e a inauguración terá lugar ás 19h. nas escaleras de acceso ao parking. O acto consistirá nunha visita polos lugares onde se ubicarán tódolos elementos da exposición e contará coa asistencia de María Belén Iglesias Cortés, concelleira de Cultura do Concello de Ourense; Ángeles Rodríguez Baliño, presidenta da Fundación Cum Laude; Águeda Quintáns, comisaria da exposición; Manuel Penín, artista;e Marcos Vila Fernández, xerente de C.C. Ponte Vella.

Artigos relacionados

Back to top button