OurenseÚltima hora

Exposición sobre a Xeración Nós no IES 12 de Outubro de Ourense

Ten sido elaborada pola Fundación Vicente Risco e publicada polo Concello de Ourense

Imaxe cedida.

 

O IES 12 de Outubro, en colaboración coa Fundación Vicente Risco e o Concello de Ourense, amosa nas súas instalación a exposición da Xeración NÓS. A exposición achega a “traxectoria da revista ao longo dos seus 17 anos de existencia, desde o seu nacemento ata o fin da súa publicación por mor do alzamento militar do ano 36 e a chegada da ditadura de Franco”, tal e como explican dende o centro.

O profesorado de Lingua e Literatura Galega guiará o alumnado do instituto na visita á exposición, onde explicarán a importancia desta xeración de autores e autoras galegas que “conectaron a cultura galega coa europea e deixaron un legado que trascendeu ao seu tempo, así como a apertura ao mundo da lusofonía”.

Artigos relacionados

Back to top button