CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Exposición sobre a “Guerra das galaxias” na Biblioteca do Barco

Poderá verse ao longo deste verán nesta instalación cultural da vila

Libros, cómics, maquetas, xogos de mesa, cromos cunha temática común: a saga de Star Wars ou a “Guerra das galaxias”. Ao longo do verán na Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán do Barco poderá verse unha singular mostra. Nela recóllese unha escolma de material moi diverso relacionado con estes filmes. Ademais de diversas publicacións, tamén poden verse cartaces, un calendario e pequenas maquetas relacionadas coa película como naves espaciais.

Parte dos contidos da mostra son ademais xogos moi variados: dende un parchís temático, pasando por cartas ata cromos. E, como contrapunto, unha edición especial de chupachups sobre a “Guerra das galaxias”. E, non faltan tampouco, DVDs cos filmes. Esta mostra está organizada pola Biblioteca do Barco en colaboración co Cine Club Groucho Marx.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button