CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Exposición sobre as minas de wolfram de Casaio, na biblioteca do Barco

O presidente do IEV, Aurelio Blanco, amosa unha colección e fotos, publicacións e obxectos empregados na explotación

O ciclo sobre A Minería en Valdeorras organizado dende a Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco continúa o seu desenvolvemento. Despois da conferencia de Víctor Cárdenes sobre a lousa, na tarde do 21 de novembro, Isidro García Tato falaba no Teatro Lauro Olmo sobre o documental Lobos sucios e as minas de wolfram na comarca.

O propio García Tato, historiador e investigador do CESIC dará a coñecer en breve o seu esperado traballo sobre Valborraz. Mentres, Aurelio Blanco Trincado, presidente do IEV prepara a chegada do estudo cunha completa exposición de planos orixinais da explotación mineira así como unha colección de fotografías tomadas entre os anos 1941 e 1944 (fase alemana das minas).

A mostra, que tamén exhibe equipos e obxectos empregado na mina (picos, farois,…), entre outras cousas, era inaugurada na biblioteca polo propio Aurelio Blanco, acompañado por Isidro García, José Fernández, a concelleira de Cultura Margarida Pizcueta e Antonio Prada, barquense que traballou no Grupo Minero de Casaio nos anos 50.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button