CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Exposición sobre o mundo dos selos no CEIP Julio Gurriarán do Barco

A mostra estará aberta mañá, martes 25 de abril, de catro a seis da tarde

Dende hoxe luns 24 de abril e ata o mércores 26, o Salón de Actos do CEIP Julio Gurriarán acollerá a exposición  “El Mundo de los Sellos” organizada por FESOFI (Federación de Sociedades Filatélicas de España) e patrocinada por Correos.

Trátase dunha mostra a través da cal os alumnos do centro poderán aprender moito máis sobre o mundo dos selos de Correos (a súa historia, a filatelia e coleccionismo dos mesmos…), e ao cargo da mesma está Juan Carlos Blanco, membro de FESOFI, encargado de explicar e presentar todo o material aos alumnos.

Aproveitando a inauguración da exposición, no centro celebraron asemade a entrega dos premios aos gañadores do concurso “Dibuja un sello de tu localidad”. O 1º premio foi para Miguel Ortiz Sousa (5º B Ed. Primaria), agraciado cun agasallo e coa edición dunha tirada limitada de Selos de Correos co seu debuxo. O 2º premio foi para Adriana Martín Blanco (4º B Ed. Primaria) e o 3º premio foi para Biel Moral Castro (5º B Ed.Primaria). Ámbolos dous foron agraciados cun lote de material filatélico. O colexio pola súa banda recibiu unha placa conmemorativa do evento que recolleu a directora, Mª Luz Moldes.

Quen queira visitar a exposición poderá facelo mañá martes 25 de abril de 16 a 18h. xa que estará aberta ao público. Mañá, tamén  se levarán a cabo obradoiros e outras actividades.

Fotos: CEIP Julio Gurriarán.

 

Artigos relacionados

Back to top button