OurenseÚltima hora

Expourense acolle a X Xornada de Enerxías Renovables o día 16

A delegada territorial da Xunta salientou a importancia da promulgación e difusión do uso de enerxías limpas para o futuro enerxético da comunidade
Un momento da presentación da xornada, esta mañá, con Díaz Mouteira (centro).
Un momento da presentación da xornada, esta mañá, con Díaz Mouteira (centro).

O recinto feiral de Expourense acollerá o vindeiro día 16 unha nova edición -a décima- da Xornada de Divulgación das Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética. O evento foi presentado esta mañá nun acto ao que tamén asistiu a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, pois o goberno autonómico presta colaboración.

Díaz Mouteira destacou a importancia da promulgación e difusión do uso de enerxías limpas como eixo básico para o futuro enerxético de Galicia. Así, a xornada servirá para o fomento do uso de enerxías renovables. Está organizada por Expourense coa asesoría da empresa Investigación Geotérmica (Ingeo) e co apoio do Igape e vai dirixida a profesionais do sector.

Haberá sete charlas na quenda de mañá e, tras a pausa do xantar, a sesión continuará con tres conferencias máis. Estímase que se abra o recinto ás 9.30 para a entrega das acreditacións e se clausure ás 20h.

Artigos relacionados

Back to top button