OurenseÚltima hora

Expourense acollerá esta fin de semana o 1º Escaparate do Comercio Ourensán

Pasarelas de moda, animación infantil, actuación musicais e degustacións, principais atractivos para o público

Presentación do 1º º Escaparate do Comercio Ourensán.

 

Co obxectivo de dinamizar o tecido comercial da provincia de Ourense, poñendo en valor a calidade e variedade do sector, nace o 1º Escaparate do Comercio Ourensán. Unha iniciativa que era presentada na sede da CEO por parte da presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez Valcárcel, que estivo acompañada polo vicepresidente executivo de Expourense, Jorge Pumar; polo vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, e pola concelleira de Comercio do Concello de Ourense, María del Mar Fernández Dibuja.

Gómez Valcárce asegurou que “se trata dunha cita organizada pola Federación de Comercio contando co apoio da Xunta de Galicia e celebrarase esta fin de semana, 5 e 6 de outubro, no recinto feiral de Expourense, que colabora achegando a loxística e o espazo”.

 

Representes dos colectivos que participarán no evento.

 

Este evento, co que os comerciantes tentan facer labor de promoción para convencer aos cidadáns de que se convirtan en consumidores do comercio de proximidade, contará coa presenza de expositores onde destacará a oferta en téxtil, calzado, decoración e ferraxería. Para complementar a visita e pensando en ofrecer unha xornada que conxugue as compras co lecer, a Federación de Comercio ten deseñado un completo programa de actividades que inclúe, entre outras cousas, animación musical (de 16 a 21 horas) e degustación de produtos a partir das 18 horas. Un dos puntos fortes deste evento será a pasarela de moda prevista para o sábado 5 ás 17h. Este primeiro Escaparate do Comercio Ourensán será tamén o lugar elixido para gozar dunha xornada en familia, xa que contará cun área de animación infantil con inchable e obradoiros para nen@s de maquillaxe, tatuaxes ou xogos.

O horario será o sábado de 11 a 21h. e o domingo de 11 a 20 h., de xeito ininterrompido. Esta cita dispón dunha entrada solidaria cun custo de 1 euro que irá integramente destinado á Asociación Española Contra o Cancro e dirixido á investigación do cancro de mama.

Artigos relacionados

Back to top button