EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Expourense celebra a XXII Semana Europea da Calidade

No seu decurso entregábanse os sextos premios “Líderes en calidade” a cinco empresas galegas

Sensibilizar tanto a empresas privadas, como a entidades públicas, da necesidade de incorporar aos seus modelos de xestión as directrices de calidade. É o obxectivo da XXII Semana Europea da Calidade que celebraba o 10 de novembro en Expourense. Facíase coincidindo co Día Mundial da Calidade e, nesta edición, co lema “A calidade transforma”.

A mesa de apertura desta xornada corría a cargo da delegada territorial en funcións, Silvia Dorado, do director de AENOR en Galicia, Martín Pita, e do director xerente de Expourense, Alejandro Rubín. Na súa intervención, Silvia Dorado indicaba que “a calidade ten que ser un concepto omnipresente en todo o proceso produtivo xa que achega valor engadido á xestión do negocio e serve para diferenciarnos da competencia”.

O programa deste evento incluía asemade a entrega dos galardóns dos sextos premios “Líderes en calidade”. Estes galardóns distingue a empresas e institucións galegas recoñecidas por ser un modelo a seguir nos seus respectivos sectores e das que destaca o seu compromiso coa Calidade e co Medio Ambiente. Trátase do único acto celebrado en Galicia vencellado con este Día Mundial, resaltan dende Expourense.

Todas as empresas seleccionadas son líderes nos seus sectores, contan con sistemas de xestión e destacan polo seu compromiso coa calidade e co medio ambiente.

As empresas galardoadas desta volta son:
– Sector Alimentación: Frigoríficos de Camariñas (A Coruña).
– Sector Sanitario: Centro Médico El Carmen (Ourense).
– Educación: Aspronaga (A Coruña).
– Medio Ambiente: Xerencia de Xestión Integrada da Coruña (A Coruña).
– Internacionalización: Grupo Oca-Obras Civiles del Atlántico (A Coruña).

Como novidade nesta edición entregábase un premio especial á Cámara Municipal de Ponte de Lima, co fin de recoñecer a súa acción innovadora en cooperación transfronteiriza e o éxito dunha campaña turística organizada por esta institución lusa.

Fotos: cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button