Expourense convértese nun parque multiaventura coa II edición de Sportur Galicia

Esta cita que se estenderá ata o sábado, serve de escaparate para as federacións e clubs galegos e presenta novas opcións para aqueles que gocen practicando deporte

Inauguración de Sportur Galicia 2018 en Expourense.

Sportur Galicia 2018 abría as portas en Expourense, na mañá do 15 de novembro, cun programa con máis de 100 actividades orientadas a promover unha vida activa, saudable e en contacto coa natureza.

A segunda edición do salón era inaugurada pola secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez, acompañada polo alcalde de Ourense e vicepresidente executivo de Expourense, Jesús Vázquez; polo vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández; e polo presidente do Clúster de Turismo de Galicia Cesáreo González. Durante a súa intervención indicou que “coa celebración de Sportur Galicia e da Carreira de San Martiño, Ourense convértese no epicentro do deporte galego”. Explicou ademais o feito de que esta cita se celebre en Expourense, “un recinto que grazas a súa compatibilidade conta coa máxima ocupación a nivel feiral e deportivo e que contribúe a posicionar ao atletismo galego a nivel nacional ao tempo que desestacionaliza a oferta turística que ofrece Ourense”.

Dende hoxe e ata o sábado día 17, o recinto feiral convértese nun gran parque multiaventura con actividades dirixidas tanto aos deportistas profesionais como aos afeccionados como tamén para as familias xa que lles permitirá practicar deportes xa coñecidos e descubrir outros novos, así como coñecer novos destinos próximos onde gozar da natureza. Esta cita permite gozar de clases abertas para os visitantes, adestramentos, exhibicións e tamén de torneos e campionatos.

Entre as actividades permanentes destacan o rocódromo, a ponte tibetana, o remo indoor, os simuladores de navegación ou tiro, a pista de pitch and putt, os obradoiros de maquillaxe e chapas ou os xogos tradicionais. Tamén se promoven hábitos de vida saudables e unha das novidades deste ano son a posibilidade de sobrevoar o recinto feiral no globo aerostático ou de facerse fotos nos escearios polos que pasou “La Vuelta Ciclista”.

 

Autoridades ourensás coa camiseta da San Martiño que se celebra o domingo.

 

A celebración desta segunda edición serve ademais de quecemento para a XLII Carreira Popular de San Martiño cuxos corredores recollerán os seus dorsais no recinto feiral a partir de mañá venres. Sportur Galicia acollerá ademais a entrega de medallas do ciclo de probas “Correndo por Ourense” que organiza o Concello de Ourense e que está programada para o sábado 17 ás 19h.

Sportur convoca tamén a destacados deportistas que están a visitar o salón e conviven cos visitantes a través de charlas ou de sinaturas de autógrafos. Nesta primeira xornada contouse coa visita de Carlos Sá (de Montalegre, Portugal) que foi campión de Ultra Trail Portugal en 2013 e récord mundial en ascenso e descenso ao Aconcagua que fixo en 15 horas. Tamén hoxe (e repetirá todos os días do salón) contouse coa visita de Javier Pardo, piloto oficial de Suzuki que recibe aos visitantes na exposición de coches de rallye que o Inorde-Turismo de Ourense preparou para a ocasión. Tamén hoxe foi presentada a proba do Gran Fondo de Ézaro de Dumbría

Mañá venres visitarán o recinto a gañadora da medalla de ouro en Hockey herba nos Xogos Olímpicos de Barcelona 92, Maribel Martínez de Murguía, que impartirá unha charla da man do Clube de Hockey Albor. Outros deportistas que mañá contará a súa experiencia en grandes probas será o asturiano Jorge Núñez, primeiro barranquista do mundo en descender individualmente o Trou de Fer, de Isla Reunión, en África. Tamén mañá se celebra a mesa redonda sobre “Fútbol feminino, a mesma paixón” organizada pola Real Federación de Fútbol de Galici na que participarán adestradores de equipos de fútbol femininimos, unha xogadora e unha árbitro da 3º dic masculina e da 1ª femenina “Liga Iberdrola”.

Dentro do deporte local, o salón recibirá estes días a visita de xogadores de equipos como o COB-Río Ourense Termal ou da Unión Deportiva Ourense.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies