Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Expourense, eixo central da cultura urbana co Pulpo Extreme

Finca Sevilla convértese no primeiro enclave dun festival que se estenderá tamén a outros puntos da cidade durante toda a fin de semana

BMX, Skate, Roller… Ourense convértese dende hoxe na sede mundial dos deportes extremos coa primeira edición do Pulpo Extreme, un festival que traerá o último en piruetas e acrobacias propias da cultura urbana. Até o vindeiro domingo día 9, decenas de deportistas pasarán polo circuíto establecido no recinto de Expourense, en Finca Sevilla. Pero este só será un dos enclaves. Os espectáculos e o deporte estenderanse até outros puntos da cidade durante os próximos días.

Neste primeiro día, a actividade iniciouse en Expourense. Alí se deron cita tamén as autoridades locais, entre as que destacou o alcalde da cidade, Jesús Vázquez, que acudiu acompañado de varios edis do seu goberno. Tamén asistiu o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa. Achegáronse até o recinto principal, por onde fixeron un percorrido para coñecer de primeira man o circuíto e todas as actividades paralelas que haberá. Posteriormente, ás 19 horas, estaba prevista unha exhibición inaugural no Centro Comercial de A Ponte Vella.

Para o día de mañá, a programación contempla tamén unha competición de MTB polo casco vello. De 10 a 14 horas será a quenda dos adestramentos. De 15 a 16, a clasificación; e a partires das 16 horas desputarase a final. En paralelo, tamén haberá adestraemntos de Roller, Skate e BMX en Expourense, de 9 a 15 horas. Pola tarde, neste mesmo emprazamento haberá Break Dance a partires das 16 horas, e competicións clasificatorias das modalidades anteriores. As finales xogaranse na xornada do domingo.

Outras actividades paralelas contemplarán exhibicións de graffitis e tamén haberá área infantil e zona gastronómica con foodtrucks.

Fotos: Sara Fontenla.

Artigos relacionados

Back to top button