Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Expourense entrega os premios ‘Líderes en Calidade’

O acto tiña lugar no marco da XXI Semana Europea da Calidade

Como o único acto organizado en Galicia dentro da XXI Semana Europea da Calidade, Expourense vén de celebrar un ano máis unha Xornada de Exaltación da Calidade. O acto tiña lugar o 12 de novembro, Día Mundial da Calidade, e incluíu a entrega da 5ª edición dos premios “Líderes en Calidade” a empresas e institucións galegas recoñecidas por ser un modelo a seguir nos seus respectivos sectores e das que destaca o seu compromiso coa Calidade e co Medio Ambiente.

As entidades elixidas como “Líderes en Calidade” polo Comité Executivo de Expourense no 2015 son: Artesanos Gallegos de la Carne (Lugo), no sector alimentación; AXEGA – Axencia Galega de Emerxencias 112 (con sede en Santiago de Compostela), no sector sanitario; ICEACSA Grupo (A Coruña), en internacionalización; Colexio Lar (Vigo), no sector educación; e Ataúdes Gallego (Piñor de Cea – Ourense), en medioambiente.

A entrega de premios contou coa presenza e intervención da delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz, do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez e do vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández, que estiveron acompañados por representantes do Padroado de Expourense, ademais de polo subdelegado do Goberno, Roberto Castro.

Artigos relacionados

Back to top button